1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-17/13 SU.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de cartonaxe impresa para títulos académicos non universitarios.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de entrega e instalación: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, sita no Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.
d) Prazo de entrega: ver punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 139.667,20 euros (IVE excluído). IVE: 29.330,11 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Importe total: 168.997,31 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 60.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18538
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2ª Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, en cuxo caso se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

