Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8452

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 1 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos desta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito á conselleira de Sanidade (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais, nos das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os aspirantes deberán unirlle á petición o currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sexto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará neste sentido de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, ou dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Código do posto: CSA991000527001001.

Dependencia: xefatura territorial.

Localidade: Lugo.

Tipo do posto: S.

Grupo: A1.

Nivel CD: 28.

Complemento específico: 12.518,28 €.

Corpo ou escala: 1.2/7/9 estatutario sanitario.

missing image file
missing image file