Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8592

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 433/2012, interposto por Eva Marcos Doldán e Juan Antonio Valiño García.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 433/2012, interposto por Eva Marcos Doldán e Juan Antonio Valiño García contra as resolucións do 9 de outubro de 2012, do Servizo de Réxime Xurídico da Consellería de Facenda, sobre proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado por Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG nº 142, do 26 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública