Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CTC e RBT Eio dos Menecos.
Situación: concello de Teo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,655 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, con orixe no apoio tipo HV 15/630 que se intercalará na LMTA existente entre derivada a CT Ribas (expediente 51.284) e derivada a CT Agoso, 15 (expediente IN407A 2003/126) e final no CT Eio dos Menecos proxectado.
Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,045 km, con condutor tipo XZ1 0.6/1 kV 4×240 Al e XZ1 0,6/1 kV 2×50 Al, con orixe no CT Eio dos Menecos proxectado e no apoio nº 25.
Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,190 km, con condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3×95 Al e RZ 0,6/1 kV 3×25 Al, sobre apoios de formigón, con orixe na rede de baixa tensión subterránea proxectada e final na rede aérea existente, no concello de Teo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 18 de febreiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

