Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8595

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (407/2012).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramita peza de medidas provisionais número 407/2012 na cal se ditou o seguinte:

Auto.

Vigo, 26 de febreiro de 2013

Seguen feitos e razoamentos xurídicos.

Parte dispositiva:

Dispoño acordar as seguintes medidas provisionais coetáneas:

Primeira. Atribúese a garda e custodia da filla menor á Sra. Arce Villa, sendo a patria potestade compartida entre ambos os proxenitores.

Segunda. O Sr. da Costa Coimbra satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 500 euros mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que a nai designe para o efecto e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos ao consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceira. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, tendo esta consideración, entre outros, os médicos non cubertos polo sistema sanitario público, e non tendo esa consideración os libros ou material escolar, matrícula escolar, comedor, transporte nin uniformes.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que é firme.

Así, por este auto, acórdao, mándao e asínao María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) e o seu partido.

E para que conste e sirva de notificación a Avelar da Costa Coimbra, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Vigo, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial substituta