Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8741

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 11 de marzo de 2013 entre a Consellería de Facenda e a Consellería do Medio Rural e do Mar polo que se encomenda a xestión de determinadas materias relacionadas coas listas de contratación temporal de persoal laboral dedicado ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga) derivadas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, á Consellería do Medio Rural e do Mar.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na disposición adicional do Decreto 37/2006 e co obxecto de acadar unha maior eficacia na xestión do persoal temporal correspondente a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga regulados no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,

Acórdase:

Cláusula 1.

Encomendar a xestión de determinadas materias relacionadas coas listas de contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, dedicado ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais e Pladiga á Consellería do Medio Rural e do Mar.

Esta encomenda de xestión abranguerá as seguintes actuacións e terán o alcance que en cada caso se sinala:

a) A organización e realización da proba física a que deben someterse os distintos integrantes das listas.

b) A realización dos chamamentos para a cobertura temporal dos distintos postos de traballo reservados ás categorías de persoal laboral dedicadas ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais e Pladiga, coa utilización da aplicación informática proporcionada pola Dirección Xeral da Función Pública cando este chamamento se realice desde a lista definitiva de admitidos.

Cláusula 2.

A encomenda de xestión non supón a cesión da titularidade das competencias.

Cláusula 3.

A presente encomenda terá un prazo de vixencia dun ano, a partir da súa publicación. Este prazo poderá ser prorrogado por igual período, por acordo expreso das partes, que se publicará antes do remate do seu prazo de vixencia.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira de Facenda

Conselleira do Medio Rural e do Mar