Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8728

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes previsto na Resolución do 28 de decembro de 2012 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A).

O 16 de xaneiro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 11 a Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A) (Corrección de erros, DOG número 40, do 26 de febreiro).

Tendo en conta o atraso no inicio dalgún dos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga ao mes de abril, co fin de lles facilitar a todas as persoas interesadas a súa inscrición nas probas, considérase preciso ampliar o prazo para presentar as solicitudes e aboar as taxas que se indican na convocatoria ata o día 8 de abril de 2013 (inclusive).

O artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que a Administración poderá conceder unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda a metade destes, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiros.

En consecuencia, de acordo coas competencias que teño atribuídas

RESOLVO:

Ampliar ata o día 8 de abril de 2013 (inclusive) o prazo para presentar as solicitudes e aboar as taxas previsto na Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A) (DOG número 11, do 16 de xaneiro de 2013).

Contra esta resolución de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística