En sesión plenaria que tivo lugar o 25 de febreiro de 2013 acordouse modificar as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para o fomento de emprego dos/as desempregados/as do municipio de Valga publicadas no Diario Oficial de Galicia número 184, do 21 de setembro de 2012, así como publicar un anuncio sobre a modificación no DOG e o texto completo das bases, unha vez modificadas, no BOP. O cal se fai público para xeral coñecemento.
Valga, 26 de febreiro de 2013
José María Bello Maneiro
Alcalde