Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 28 de xuño de 2012 de non concesión de axuda ou subvención ao Programa para a promoción do emprego autónomo -axuda excepcional-, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011, relativa ao expediente TR341D 2011/1239-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación de esta resolución ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 27 de febreiro de 2013

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/1239-2.

Nome: Paloma Maseda Díaz.

DNI/NIF: 34882149-G.

Último enderezo coñecido: rúa da Cruz, 29-3º, 27890 San Cibrao (Lugo).

Contido da resolución: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito asignado na orde de convocatoria.