Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2012/111-2, 8080 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CT r/ Castelao.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña SAR811 o CT proxectado entre o CT 27CM97 Quiroga II e o CT 27CV07 Porto Seco 2, cunha lonxitude de 42 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT prefabricado compacto de manobra exterior, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo