Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o Plan parcial AR-21 SUD.

De acordo co disposto no artigo 86.1.e) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise público que a Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 7 de marzo de 2013, acordou a apertura dun novo trámite de información pública no expediente para a aprobación do Plan parcial da área de repartición AR-21 SUD, por prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous diarios de maior difusión.

O Barco de Valdeorras, 21 de marzo de 2013

Alfredo García Rodríguez
Alcalde