Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9757

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Diversey España, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Diversey España, S.L.

3. Data: do 15 ao 19 de abril de 2013.

4. Lugar de celebración: Centro de Negocios Lugo. Avenida de Madrid, nº 38, entrechán D-E, 27002 Lugo.

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 15.4.2013

10.00-13.00 h

Praguicidas e biocidas. Clasificación. Xeralidades e modo de acción. Lexislación.

13.00-14.00 h

Identificación e clasificación dos principais praguicidas.

Día 16.4.2013

10.00-11.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

11.00-12.00 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas e ratonicidas. Desratización activa e pasiva.

12.00-14.00 h

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos. Control integral de pragas.

Día 17.4.2013

10.00-11.00 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

11.00-12.00 h

Equipos de aplicación. Manexo de equipos de tratamento con biocidas.

12.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que expón. Destrución de envases.

Día 18.4.2013

10.00-12.00 h

Elaboración dun plan integral de control de pragas dun local, establecemento ou industria alimentaria.

12.00-14.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 19.4.2013

9.30-10.30 h

Equipos de protección individual, normas de seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

10.30-12.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación.

12.30-13.30 h

Primeiros auxilios no caso de intoxicación.

13.30-14.30 h

Exame final.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores
de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Diversey España, S.L.

Datas: do 15 ao 19 de abril de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Centro de Negocios Lugo.

Avenida de Madrid, nº 38, entrechán D-E, 27002 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 10.00 ás 14.00 h, agás o día 19 de abril que será das 9.30 ás 14.30 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Diversey España, S.L., rúa Retama, nº 7, 7º piso, 28045 Madrid. Teléfono: 608 77 30 21/678 64 53 25 ou por correo electrónico javier.monerris@sealedair.com

Nome e apelidos ....................................................................................................................

NIF/DNI .................................................................................................................................

Enderezo ...............................................................................................................................

CP .................................................... Localidade ....................................................................

Tel. .................................................. Correo electrónico ..........................................................