Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se notifica o cumprimento da sentenza 278/2012 que ditou o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense no seo do procedemento abreviado PA 156/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o cumprimento da sentenza 278/2012, cuxo contido substancial é o seguinte:

«Dar cumprimento á devandita sentenza nos seus propios termos, no senso de substituír a sanción impugnada de 1.600 euros por outra de 857,62 euros, que deberá ingresar o sancionado».

A persoa interesada poderá comparecer, nas oficinas do Servizo de Control da Calidade Alimentaria, situadas na avenida do Camiño Francés, 10, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días desde a última publicación deste anuncio, para a recolla da correspondente carta de pagamento e o coñecemento íntegro do dito cumprimento e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: ICA-OU-0005/2009-PC.

Interesada: Jamones Corzo, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida de Castrillón, nº 24, 32350 A Rúa (Ourense).