Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013 pola que se declara deserta a convocatoria do procedemento de contratación da subministración dun sistema de busca de documentos cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 09/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de busca de documentos para a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 25.2.2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Valor estimado do contrato: 154.880,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 128.000,00 €. Importe total: 154.880,00 € (IVE incluído).

6. Declaración de convocatoria deserta.

Data da declaración da convocatoria deserta: 11 de marzo de 2013.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia