Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (479/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 479/2011 deste xulgado do social se ditou resolución o 22 de febreiro de 2013, dirixida a Fraga de Espectáculos, S.A. Cine Rex, que pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial o interesado poderá ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fraga de Espectáculos, S.A. Cine Rex, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de marzo de 2013