Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L., para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Carlos Romero Batallán, en nome de Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L., con CIF B-80368426, con sede en Galicia en Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio CEI, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes feitos:

Primeiro. Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L. foi acreditada por Enac, entidade nacional de acreditación, para as actividades de Inspección na Área Ambiental, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación nº 273/EI453, do 21 de decembro de 2012, e no anexo técnico revisión 1, con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data do 22 de febreiro de 2013, Carlos Romero Batallán, en nome de Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L. presentou escrito solicitando, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, xuntaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reales decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE nº 176, do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE nº 32, do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación de este expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L. para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Inspección en: augas continentais superficiais, augas continentais subterráneas, augas residuais e residuos.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e poderá ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

3. Consultoría de Técnicas Ambientales, S.L. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da entidade nacional de acreditación (Enac).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental