Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/U/2009/00294, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido no Parque Tecnolóxico de Galicia, na rúa de Vigo, nº 2, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/U/2009/00294, formulado contra a resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar o recurso de alzada número RA/U/2009/00294, interposto por Claudio Román Fernández, en nome e representación da entidade Solar Pereiro, S.L. contra a resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 29 de xullo de 2009, pola que se denega a autorización previa da Comunidade Autónoma á concesión de licenza municipal para instalación solar fotovoltaica conectada á rede de 60 kW-71,54 KWP, no lugar de Antela, no concello de Vilar de Barrio (expediente 082/2009).

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas