Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CTC A Sionlla de Arriba, s/n.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,960 km, con orixe en arqueta proxectada na LMTS SCY823-Ordes23 entre os CT Formarís (expediente IN407A 2012/42) e Tras de Finsa (expediente IN407A 2011/228), con condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, e final na mesma liña, unha vez que entre e saia do CT proxectado.
Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, que se situará no lugar da Sionlla de Arriba, no concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 19 de febreiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña