Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación equina para cría e doma (expediente 15/2011 AIA).

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 15/2011 AIA de concesión de licenza de apertura.

Actividade: explotación equina para cría e doma.

Situación: lugar de Anzobre, nº 13, Arteixo.

Solicitante: José Manuel Rozamontes Deus.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Arteixo, 13 de marzo de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo