Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013 pola que se somete a información pública o anteproxecto de execución da obra hidráulica da nova estación depuradora de augas residuais de Malpica.

A obra hidráulica correspondente ao anteproxecto de execución da nova estación depuradora de augas residuais de Malpica, Malpica (A Coruña), de clave OH.315.1037, é considerada de interese da Comunidade Autónoma de Galicia, e acórdase sometelo ao trámite de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A actuación hidráulica está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3 (ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos), tema prioritario ou medida 46 (tratamento de augas residuais), actuación 3.46.3 (construción de novas redes de colectores de saneamento e pluviais e emisarios), «Unha maneira de facer Europa».

No anteproxecto defínense e valóranse as actuacións precisas para a eliminación das verteduras no estremo este da praia de Area Maior e incorporalas á rede xeral de Malpica, así como para definir os principios básicos para o dimensionamento da EDAR que se instalará no dique sur do porto de Malpica.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que o documento técnico estará á súa disposición, durante o prazo anteriormente sinalado, nas dependencias de Augas de Galicia, sitas na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela (A Coruña).

O que se fai público para todos os efectos legais e regulamentarios de aplicación na materia e para o seu coñecemento xeneral.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia