Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013 que modifica a do 15 de marzo de 2013, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos para a vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo (Área de Cultura) desta consellería.

Logo de advertir un erro no anexo ao prego de prescricións técnicas que rexe na dita licitación,

DISPOÑO:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas no dito anexo. O texto corrixido poderá consultarse no enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18596

Segundo. A publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 19.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria