Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (987/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 987/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Manuel Calvo Saíz contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., con intervención de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución di:

Sentenza.

A Coruña, 15 de marzo de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 987/2010, seguidos por instancia de Luis Miguel Calvo Saíz, que comparece asistido pola letrada Sra. Crecente Maseda, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda formulada por Luis Miguel Calvo Saíz, que comparece asistido pola letrada Sra. Crecente Maseda, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 369,64 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2013

A secretaria xudicial