Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1113/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1113/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Encarnación Martínez Zas contra a empresa Galia de Mantenimientos y Reformas, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

1º. Estimo a demanda presentada por María Encarnación Martínez Zas fronte a Galia de Mantenimientos y Reformas, S.L. e condeno a demandada a lle aboar a cantidade de 1.489,73 euros polos conceptos recollidos no feito probado segundo. Todo isto incrementado co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galia de Mantenimientos y Reformas, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2013

O secretario xudicial