Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (347/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 347/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antón Silva Domínguez, Sergio García Fernández e Sergio Quiñoy Taboada contra a empresa Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L. e Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Estímase a demanda formulada por Sergio Quiñoy Taboada, Antón Silva Domínguez e Sergio García Fernández fronte ás mercantís Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L. e Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento dos demandantes efectuado o 7 de marzo de 2012 e condeno conxunta e solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación, ben pola extinción da relación contractual, con aboamento neste caso da correspondente indemnización:

– No caso de Sergio Quiñoy Taboada, condeno conxunta e solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación por importe de 13.287,00 euros, máis os que se perciban ata a notificación da sentenza, a razón de 43,00 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual, con aboamento neste caso de 4.633,25 euros en concepto de indemnización.

– No caso de Antón Silva Domínguez, condeno conxunta e solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación por importe de 15.864,06 euros, máis os que se perciban ata a notificación da sentenza, a razón de 51,34 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual, con aboamento neste caso de 11.692,69 euros en concepto de indemnización.

– No caso de Sergio García Fernández, condeno conxunta e solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación por importe de 18.033,24 euros, máis os que se perciban ata a notificación da sentenza, a razón de 58,36 euros diarios, ben pola extinción da relación contractual, con aboamento neste caso de 17.230,79 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaisuyoma Arias Bastos, S.L., na persoa do seu administrador Marcos Arias Bastos, en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

A secretaria xudicial