Con data do 24 de xaneiro de 2013, a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 201232 AL-OU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a Joaquín Cid Cid como titular do Restaurante Bohemio.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Joaquín Cid Cid o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 14 de marzo de 2013
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente: 201232 AL-OU.
Denunciado: Joaquín Cid Cid, como titular do Restaurante Bohemio.
CIF/NIF: 34975039C.
Último enderezo coñecido: r/ Dopazo, nº 112, Taboadela (Ourense).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, e Regulamento (CE) nº 852/04, do 29 de abril.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: mil cincocentos euros (1.500,00 euros).