Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10622

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A elaboración dun modelo de informe social unificado (ISU) na área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal constitúe un paso máis, por parte da Consellería de Traballo e Benestar, na mellora do sistema a través da implementación de novos instrumentos que melloren a coordinación entre profesionais e entre institucións, e a través da implementación de novas medidas técnicas que facilitan a xestión de cara a mellorar a súa eficacia e eficiencia.

Tratouse de obter un instrumento común que facilite o acceso aos servizos sociais vinculados á área de necesidade de autonomía persoal, diminuíndo ao mínimo o traballo de cubrir diferentes –e con similares contidos– formularios de informe social, configurando o modelo de ISU para o seu uso xeneralizado polos/as traballadores/as sociais relacionados/as cos servizos dirixidos a persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas con dependencia, coa pretensión de axudar a que:

– Os criterios para a recompilación e a organización da información que se verte no informe social sexan o máis homoxéneos posible.

– Se recolla a información imprescindible para a aplicación dos actuais baremos de acceso a diferentes servizos e prestacións, servindo á vez de base para a comunicación e a coordinación interprofesional/interinstitucional.

Trátase, sobre todo, de facilitar un instrumento normalizado que recolla a información básica, pero suficientemente ampla para lograr unha perspectiva global da situación da persoa, das súas necesidades e potencialidades e da súa rede de apoio social e institucional.

Ao mesmo tempo proponse coa perspectiva dun formato electrónico que, á medida en que sexa estendido nos distintos procedementos administrativos, sume á información estandarizada (imprescindible para a aplicación de baremos e para o tratamento da información necesaria para a planificación de servizos) a valoración da información que conduza á planificación da intervención profesional e da articulación dos apoios que necesita cada persoa, e proponse a súa vinculación futura aos sistemas de información precedentes (SIUSS e, na medida do posible, IANUS).

Xunto co modelo de ISU apróbase a publicación do seu manual, que inclúe a descrición sucinta de cada unha das epígrafes, e acompáñase dalgunhas ferramentas (escalas e índices) xa coñecidas por unha gran parte dos/das profesionais, xunto a outras máis novas, coa intencionalidade de que sexan utilizadas como ferramentas de apoio, tanto para intentar manter un enfoque integral como para precisar e verificar que a información vertida no ISU se corresponde cos resultados da aplicación dun instrumento de valoración que conta coa validez necesaria.

Como instrumento que pretende mellorar a coordinación entre profesionais e entre institucións, na elaboración deste documento contouse coa participación, a través dun grupo de traballo constituído para o efecto, dos/das principais axentes implicados/as na súa posterior utilización, o que posibilitou incorporar a experiencia dos perfís de profesionais que interveñen neste ámbito.

En virtude do exposto, en exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Aprobación do modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal

A presente orde ten por obxecto aprobar o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co formato oficial e co manual de uso que se publica na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 2.

Procedementos de referencia relativos á xestión de programas e servizos da área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal.

1. O modelo de informe social a que se refire o artigo anterior será o de referencia en todos os procedementos na área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal, sobre todo en canto aos seguintes:

a) Procedemento BS210A «Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia»;

b) Procedemento BS611A «Recoñecemento do grao de discapacidade»;

c) Procedemento BS660A «Servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes»;

d) BS618B «Programa de acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade»;

e) Procedemento BS603A «Ingreso en centros de atención a persoas maiores»;

f) Procedemento BS607A «Programa ocio e benestar»;

g) Calquera outro procedemento relativo á xestión dos programas e servizos das áreas a que fai referencia o parágrafo primeiro (Termalismo, Turismo, Respiro familiar, Teleasistencia, Acompáñote, Ingreso en centros de atención a persoas con discapacidade etc.).

2. Así mesmo, o dito modelo de informe social unificado será o de referencia para o acceso á rede de recursos de atención a persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e de Benestar e, con carácter xeral, para o acceso aos servizos sociais comunitarios de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade.

Artigo 3. Presentación do modelo de informe social

1. O modelo de informe social aprobado mediante esta orde deberá achegarse, se é o caso, en cada un dos procedementos administrativos citados no artigo anterior segundo o que se dispuxese na súa normativa de referencia.

2. Non obstante, non será necesario presentalo cando non transcorresen de dous anos desde a última vez en que se incorporase un informe idéntico a calquera dos procedementos referidos, e sempre que non se producise unha variación das circunstancias descritas no informe social orixinario. Neste suposto será o centro directivo responsable da tramitación quen deberá reclamar o informe social á unidade administrativa que corresponda.

3. En todo caso, o centro directivo responsable da tramitación poderá, en calquera momento, solicitar de oficio a presentación do informe social para os efectos de comprobar ou actualizar a información necesaria.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos tres meses desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXOS
Documento ISU

ANEXO I
Despregable motivo do informe

1. Valoración e acceso a servizos/prestacións por dependencia.

0.1. Valoración inicial.

0.2. Revisión.

1.1. Servizos.

1.1.1. Prevención das situacións de dependencia.

1.1.2. Promoción da autonomía persoal (especificar: rehabilitación e terapia ocupacional, atención temperá, estimulación cognitiva, promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional, habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual, apoios persoais e coidados en equipamentos especiais (vivendas tuteladas).

1.1.3. Servizo de teleasistencia.

1.1.4. Servizo de axuda no fogar.

1.1.5. Servizo de atención en centro de día ou de noite.

1.1.5. Servizo de atención residencial (especificar: temporal, permanente, tipoloxía).

1.2. Prestacións económicas.

1.2.1. Libranza para a adquisición de servizos.

1.2.2. Libranza para coidados no ámbito familiar.

1.2.3. Libranza de asistencia persoal.

2. Acceso a servizos sociais comunitarios(1).

2.1. Servizos de axuda no fogar: SAF, cátering, outros (especificar).

2.2. Servizos de centro de día.

2.2.1. Centro de día para persoas maiores (especificar tipoloxía).

2.2.2. Centro de día para persoas con discapacidade (especificar tipoloxía).

2.3. Vivenda tutelada.

2.3.1. Vivenda para persoas maiores (especificar tipoloxía).

2.3.2. Vivenda para persoas con discapacidade (especificar tipoloxía).

2.4. Axuda económica de emerxencia.

2.5. Outros (especificar).

3. Acceso a servizos sociais especializados.

3.1. Valoración de discapacidade.

3.2. Atención temperá.

3.3. Residencia:

3.3.1. Residencia para persoas maiores (especificar tipoloxía).

3.3.2. Residencia para persoas con discapacidade (especificar tipoloxía).

3.4. Outros (especificar).

4. Coordinación interprofesional (especificar: a quen se dirixe e para que).

5. Requirimento institucional (especificar: quen o require e para que).

6. Urxencia social/emerxencia.

7. Comunicación de presunta incapacidade.

8. Outros (especificar).

ANEXO II
Despregable estado civil (códigos SIUSS)

01 Solteiro/a.

02 Casado/a.

03 Viúvo/a.

04 Divorciado/a.

05 Separado/a legal.

06 Separado/a de feito.

07 Parella de feito rexistrada.

08 Parella de feito non rexistrada.

ANEXO III
Despregable: parentesco, en relación ao solicitante (códigos SIUSS)

01 Pai.

02 Nai.

03 Esposo/a.

04 Compañeiro/a.

05 Fillo/a.

06 Avó/avoa.

07 Neto/a.

08 Sogro/a.

09 Xenro/nora.

10 Irmán/irmá.

11 Cuñado/a.

12 Tío/a.

13 Sobriño/a.

14 Outros familiares.

15 Acollido.

16 Outro tipo de relación (especificar).

17 Servizo doméstico.

18 Hóspede fixo.

ANEXO IV
Despregable RAE/OCUPACIÓN (códigos SIUSS)

02 Ocupado/a.

01 Empresario/a, profesional ou traballador/a por conta propia que emprega persoal.

02 Empresario/a, profesional ou traballador/a por conta propia que non emprega persoal.

03 Membro de cooperativa de traballo asociado que traballa nesta.

04 Persoa que traballa sen remuneración regulamentada na empresa ou negocio dun familiar co que convive.

05 Persoa que traballa con carácter fixo, a soldo, comisión, xornal ou outra clase de remuneración.

06 Persoa que traballa con carácter eventual ou temporal a soldo, xornal ou outra clase de remuneración.

03 Parado/a que busca o primeiro emprego.

04 Parado/a.

01 Parado/a en primeiro ano de desemprego con subsidio.

02 Parado/a en primeiro ano de desemprego sen subsidio.

03 Parado/a de longa duración (+de un ano) con subsidio.

04 Parado/a de longa duración (+de un ano) sen subsidio.

05 Xubilado/a (que percibe pensión de xubilación ou invalidez).

01 Pensionista de invalidez total.

02 Pensionista de invalidez absoluta.

03 Pensionista de grande invalidez.

04 Pensionista de xubilación.

06 Percibindo unha pensión distinta de xubilación ou invalidez.

01 Pensionista de viuvez.

02 Pensionista de orfandade.

03 Pensión en favor doutros familiares.

04 Pensión non contributiva.

07 Incapacidade permanente para traballar, sen pensión.

08 Estudante, escolar ou preescolar.

09 Labores do fogar (non remuneradas).

10 Outra situación.

01 Menores non escolarizados/as.

02 Rendista.

03 Retirado/a sen pensión.

04 Beneficiarios/as doutras prestacións económicas (RMI, IMI, salario social...).

05 Baixa por enfermidade (máis de 6 meses).

06 En situación irregular.

07 Outras situacións: especificar (traballa en centro especial de emprego, emprego con apoio, en programas de formación para o emprego...).

ANEXO V
Despregable FORMACIÓN(2) (INE clasificación estudos en curso).

00. Ningunha.

01. Educación primaria.

02. Programas para a formación e inserción laboral que non precisan dunha titulación académica da primeira etapa de secundaria para a súa realización.

03. Primeira etapa de educación secundaria.

04. Programa para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudos secundarios de primeira etapa para a súa realización.

05. Segunda etapa de educación secundaria.

06. Programas para a formación e inserción laboral que precisan dunha titulación de estudos secundarios de segunda etapa para a súa realización.

07. Ensinanzas de grao superior de formación profesional específica e equivalentes, artes plásticas e deseño e deportivas.

08. Outros programas de 2 e máis anos que precisan do título de bacharel.

09. Ensino universitario de primeiro e segundo ciclo.

10. Programas que precisan dunha titulación universitaria para a súa realización.

11. Ensino universitario de terceiro ciclo.

12. Programas formativos para os que non se específica o requisito de formación académica para a súa realización.

ANEXO VI
Despregable emerxencia social

Inclúe as situacións seguintes:

1. Persoa con alta vulnerabilidade en situación de abandono ou semiabandono.

2. Persoa con necesidade de coidados esenciais e sen apoio.

3. Violencia/malos tratos físicos ou psíquicos.

4. Indixencia/sen teito.

5. Inhabitabilidade da vivenda (chabola ou similar).

6. Obriga de deixar vivenda (desafiuzamento, ruína inminente...).

7. Obriga de deixar centro asistencial, sen posibilidade de regreso a domicilio.

8. Outras situacións de risco (especificar).

• Considéranse situacións de emerxencia social:

– Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

Artigo 14.5: «No caso de extrema e urxente necesidade debidamente xustificada, mediante resolución motivada da persoa que exerce a alcaldía ou doutro membro da corporación local responsable en materia de servizos sociais poderá iniciarse de oficio a prestación do servizo de xeito inmediato, por proposta dos servizos sociais de atención primaria e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente».

– Decreto 15/2010, do 4 de febreiro.

Artigo16: «Tramitación dos procedementos nos supostos de emerxencia social.

Daráselle prioridade na tramitación ao correspondente procedemento, mediante resolución motivada da persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais e logo de ditame técnico do órgano de valoración e asesoramento de dependencia, unha vez analizado o informe social e de saúde que acrediten estas circunstancias, cando así o aconsellen razóns de interese público debidamente documentadas e obxectivadas que leven consigo:

Unha situación de desamparo ou abandono.

Malos tratos físicos e/ou psíquicos.

Situación de risco grave inminente para á súa integridade física e/ou psíquica».

Parece igualmente aplicable a consideración de emerxencia social os ítems cuxo valor é o máximo de puntuación nos baremos para o ingreso en centros residenciais para persoas maiores e no baremo para o ingreso en centros para persoas con discapacidade, entre as que se destacan:

– Orde do 8 de xaneiro de 1986 (MTSS) pola que se aproban os novos baremos de admisións, traslados e permutas nos centros residenciais para a terceira idade do Inserso (non modificado na normativa autonómica, agás para o acceso de persoas con dependencia). Teñen a puntuación máxima:

– «Situación de abandono. En total desamparo, sen familiar ou persoa/s que lle preste/n unha mínima atención.

– Necesidade de deixar unha praza hospitalaria ou a súa vivenda, sen familia que se faga cargo e sen medios económicos para subsistir.

– Que sufra malos tratos físicos e/ou psíquicos graves.

– Que pase a noite en albergues ou similares».

– Orde do 27 de febreiro de 1996 (Consellería de Sanidade e Servizos Sociais) pola que se regula o procedemento de ingresos e traslados nos centros propios, concertados e con reserva de prazas de atención a persoas con discapacidade.

– «Desamparo total (excluínte en relación con todos os ítems do punto de situación persoal do/a beneficiario/a).

– Explotación (puntuación máxima dos ítems do punto de relacións intrafamiliares, seguida de abandono encuberto), xunto a enfermidade ou incapacidade grave a cuxo cargo se encontre a persoa beneficiaria.

– Carencia de vivenda (excluínte de todos os ítems do punto de vivenda).

– Situación económica» (traducible na actualidade a pobreza severa).

ANEXO VII
Despregable necesidade de apoios (BVD)(3)

1. Comer e beber.

2. Hixiene persoal (micción e defecación).

3. Lavarse.

4. Outros coidados corporais.

5. Vestirse.

6. Mantemento da saúde.

7. Cambiar e manter a posición do corpo.

8. Desprazarse dentro do fogar.

9. Desprazarse fóra do fogar.

10. Realizar as tarefas domésticas.

11. Tomar decisións.

ANEXO VIII
Despregable dimensións de calidade de vida(4)

Valorar a necesidade de apoios específicos, relacionados con:

1. Benestar emocional.

Por exemplo, satisfacción consigo mesmo/a, sentimento de incapacidade/inseguridade, tristura, problemas de comportamento, motivación en actividades...

2. Relacións interpersoais.

Por exemplo, séntese valorado/a pola súa familia, ten amigos/as estables, ten dificultades para relacionarse, séntese querido/a polas persoas con que se relaciona...

3. Benestar material.

Por exemplo, dispón dos recursos económicos imprescindibles, considera confortable a súa vivenda, vive nun lugar illado, non pode permitirse un capricho...

4. Desenvolvemento persoal.

Por exemplo, cústalle adaptarse a novas situacións, ten oportunidades de aprendizaxe/apoios educativos, ten acceso a novas tecnoloxías, realiza actividades que lle interesan...

5. Benestar físico.

Por exemplo, os seus problemas de saúde prodúcenlle dor e malestar, ten problemas de sono, accede con facilidade aos recursos de atención sanitaria, ten hábitos de alimentación saudables...

6. Autodeterminación.

Por exemplo, defende as súas ideas e opinións, decide sobre o seu diñeiro, escolle como pasar o seu tempo libre...

7. Inclusión social.

Por exemplo, utiliza servizos comunitarios, fáltanlle apoios para participar na comunidade, existen barreiras físicas, culturais ou sociais para a súa inclusión, atópase illado/a...

8. Dereitos.

Por exemplo, vulnérase a súa intimidade, ten información sobre os seus dereitos, respéctanse as súas propiedades, é tratado/a con respecto...

ANEXO IX
Despregable circunstancias familiares (ítems ingreso en residencias discapacidade/maiores)

1. Precariedade económica.

2. Sen ingresos fixos.

3. Todos/as os/as membros da familia traballan fóra da casa.

4. Outras cargas familiares.

4.1. Coidados a menores.

4.2. Atención a outros/as membros da familia con discapacidade/dependencia/enfermidade grave.

5. Abandono encuberto (por exemplo, a persoa permanece soa a maior parte do día).

7. Outras circunstancias que limitan/poden limitar os coidados familiares: especificar.

Funcionamento familiar(5)

ANEXO X
Despregables coidador/a principal

Tempo de dedicación a coidados (horas aproximadas de dedicación diaria):

a) 1-2 horas.

b) 2-4 horas.

c) 4-8 horas.

d) Dedicación total.

• Características.

– Fraxilidade:

1. Persoa coidadora predependente/dependencia acusada.

2. Ten dificultade de comprensión da enfermidade/da dependencia.

3. Ten escaso coñecemento dos coidados que debe prestar.

4. Concorrencia de discapacidade/dependencia con necesidade de apoios doutros/as membros da unidade de convivencia.

5. Signos de esgotamento físico ou emocional.

6. Dificultades de conexión social e illamento.

7. Ausencia de compromiso estable.

– Consistencia:

1. É maior de idade con bo estado xeral de saúde.

2. Dispoñibilidade de tempo.

3. Ten seguridade económica.

4. Ten coñecementos suficientes para a prestación de coidados.

5. Dispón de apoios familiares e/ou profesionais.

6. Ten períodos de descanso.

– Risco de claudicación:

1. Por impacto dos coidados (na súa saúde, a súa vida persoal).

2. Por dificultades de relación (coa persoa, coa súa familia e amigos).

3. Por problemas de competencia (sobre a complexidade de apoios que desborda a súa capacidade).

ANEXO XI
Despregable VIVENDA (CÓDIGOS SIUSS)

– Tipo de vivenda:

01 Sen domicilio.

02 Piso/apartamento.

03 Vivenda unifamiliar.

04 Chabola.

05 Casa prefabricada.

06 Tenda de campaña, caravana ou barco.

07 Vivenda colectiva (institución, residencia, piso tutelado).

08 Pensión.

09 Outros.

10 Cova.

– Réxime de posesión:

01 Cedida, facilitada.

02 Alugada.

03 Realugada.

04 Propia, pagándose.

05 Propia, pagada.

07 Outra forma.

– Nº de cuartos:

01 Un.

02 Dous.

03 Tres.

04 Catro.

05 Cinco.

06 Máis de cinco.

07 De peza única.

ANEXO XII
Despregables SERVIZOS E/OU PRESTACIÓNS QUE RECIBE A PERSOA

1. Servizos sociais de proximidade.

1.1. Teleasistencia.

– Tipo:

1. Fixa.

2. Móbil.

3. Localizador.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

1.2. Axuda no fogar.

– Tipo:

1. Atención doméstica.

2. Atención persoal.

3. Atención doméstica e persoal.

4. Atención psicosocial.

– Intensidade:

1. 11 ou menos horas ao mes.

2. De 12 a 20 horas ao mes.

3. De 21 a 45 horas ao mes.

4. De 46 a 70 horas ao mes.

5. Máis de 70 horas ao mes.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

1.3 Comida na casa.

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

1.4 Transporte adaptado.

1.5 Centro de día/taller.

– Tipo:

1. Asistencial.

2. Rehabilitador.

3. Ocupacional.

4. Prelaboral.

5. Outros.

– Intensidade:

1. 6 ou menos horas semanais.

2. Diario, media xornada.

3. Diario, xornada completa.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

1.6. Vivenda tutelada.

– Tipo:

1. Permanente.

2. Temporal.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

2. A persoa recibe servizos sociais especializados.

2.1. Centro residencial.

– Tipo de praza:

1. Permanente.

2. Temporal.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

2.2. Outros servizos de atención especializada.

– Acceso:

1. SS públicos dependencia.

2. SS públicos libre concorrencia.

3. SS privados.

3. A persoa recibe prestación económica para coidados no contorno.

3.1. A persoa está atendida no seu domicilio por un/unha coidador/a.

3.2. A persoa está atendida por asistente persoal.

(1) Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia:

Artigo 8. Estrutura básica dos servizos sociais: «a) Servizos sociais comunitarios, que comprenden, pola súa vez, dúas modalidades: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos; b) Servizos sociais especializados».

Artigo 13. Funcións dos servizos sociais comunitarios específicos: «a) Programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables de características homoxéneas e facilitar a súa inserción e normalización social; b) A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que se desenvolva a través de programas no medio aberto, en centros de carácter non residencial ou de carácter residencial temporal; c) A xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas que posibiliten no seu ámbito o logro dos obxectivos recollidos no artigo 3 desta lei, no marco do Plan estratéxico de servizos sociais».

(2) Non considerou máis adecuado o uso dos códigos INE de maior simplicidade que a actual codificación de SIUSS, na que non se recolle formación non académica.

(3) Consultar índice de Barthel e/ou BVD (escalas de apoio).

(4) Consultar escala GENCAT / Escala FUMAT (escalas de apoio).

(5) Ver Cuestionario de funcionamento familiar FF-SIL (escalas de apoio).