Por Resolución do 24 de outubro de 2012 (DOG do 9 de novembro e BOE do 30 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.
Por Resolución do 21 de xaneiro de 2013 (DOG do 4 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
resolvo:
Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, ás citadas probas.
Segundo.- Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:
http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm
Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.
Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 15 de maio de 2013, ás 12.00 horas, na sala multiusos da Vicexerencia de Lugo, Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, Campus Lugo.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:
http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/tribunais/index.html.
Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2013
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela