Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (763/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 763/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zeltia Roca Quinteiro contra a empresa Confecciones Cárdigan, S.A., Punto Deza, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Zeltia Roca Quinteiro, que comparece asistida da letrada Sra. Quinteiro Quinteiro, contra as empresas Confecciones Cárdigan, S.A. e Punto Deza, S.A., que non comparecen malia estaren citadas en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que aboe á Sra. Roca a cantidade de 20.922,56 euros, en concepto de indemnización, e os salarios de tramitación en contía de 39,80 euros diarios desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase, igualmente, ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Cárdigan, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de marzo de 2013

A secretaria xudicial