Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1028/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1028/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Recouso López contra a empresa Soteca, Solares, Terrenos y Casas, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co seguinte encabezamento e resolución:

Sentenza.

A Coruña, 1 de abril de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 1028/2010, seguidos por instancia de María del Carmen Recouso López, que comparece asistida pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Soteca, Solares, Terrenos y Casas, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por María del Carmen Recouso López, que comparece representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Soteca, Solares Terrenos y Casas, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.542 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades, nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Soteca, Solares, Terrenos y Casas, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial