Marta de la Rubia Almuiña, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, fai saber que no presente procedemento se ditou sentenza con data do 3 de maio de 2011 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:
«O Porriño, 3 de maio de 2011.
Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.
Demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A.
Procuradora: Mercedes de Miguel González. Avogado: Luis Sanjiao García.
Demandados: Andrea Rodeker, Carlos Javier Depierre (rebeldes procesuais).
Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade.
Ministerio Fiscal: non intervén.
Decisión.
Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Andrea Rodeker e Carlos Javier Depierre, condeno os demandados a que aboen de forma solidaria á demandante a suma de 19.740,82 euros co incremento no xuro pactado na póliza presentada, que na data 4.10.2010 ascendía a 889,42 euros, con expresa imposición de custas á parte demandada.
A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se preparará neste xulgado no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto, número 1942000004059910, código 02. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste suporá a perda do depósito.
Notifíqueselles ás partes.
Así o acordo, mando e asino».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Andrea Rodeker e Carlos Javier Depierre, expídese a presente co fin de que lle sirva de notificación da sentenza ditada.
O Porriño, 23 de maio de 2011
A secretaria xudicial