Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento deste xulgado do social, seguido co nº 267/2012 por instancia de Paulina Sandu contra Dana Grosu e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:
Que, estimando a demanda presentada por Paulina Sandu contra a empresa Dana Grosu, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.722,02 euros, máis os xuros de mora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos.
Notifíquese esta resolución ás partes, e comuníqueselles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
E para que sirva de notificación en forma a Dana Grosu, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.
Lugo, 25 de marzo de 2013
O secretario xudicial