Samuel Vázquez Pérez, en representación de Inoxderm 2012, S.L., solicitou licenza municipal para a actividade de comercialización e distribución grosista de produtos envasados de cosmética e hixiene persoal, no parque empresarial do Carballiño, parcela núm. 6, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8, parágrafo 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, polo período de vinte (20) días, co fin que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da ultima publicación deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, nas oficinas municipais deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.
O Carballiño, 4 de marzo de 2013
Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde

