Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12765

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2013 pola que se anula a Resolución do 20 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de caldeiras industriais e se convocan as devanditas axudas.

No Diario Oficial de Galicia do 27 de marzo de 2013 publicouse a Resolución do 20 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de caldeiras industriais e se convocan as devanditas axudas. Ante as dificultades técnicas acaecidas para a execución do referido Plan Renove, e tendo en conta que ata a o momento no se presentou ningunha solicitude e, polo tanto, non existe prexuízo para terceiros, resulta aconsellable desistir da referida convocatoria.

No momento actual a aplicación eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles é un dos obxectivos das administracións públicas. Neste sentido, o establecido nesta resolución vai permitir a utilización máis axeitada dos recursos dispoñibles para esta convocatoria noutras actuacións que terán mellor desenvolvemento e permitirán unha máis eficaz aplicación da dotación económica establecida.

Artigo 1

Desistir e, polo tanto, deixar sen efecto a convocatoria do Pan Renove de caldeiras industriais, publicada no Diario Oficial de Galicia número 61, do 27 de marzo de 2013, a través da Resolución do 20 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de caldeiras industriais e se convocan as devanditas axudas.

Artigo 2

Con carácter potestativo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición perante o director do Inega no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución ou de tres (3) meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia