Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

1. Expediente: 5/2013.

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto.

b) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 46 prazas.

c) Lotes: 3. Lote 1: Santiago de Compostela. Lote 2: Vigo. Lote 3: Vilagarcía de Arousa.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 8, do 11 de xaneiro de 2013.

1.3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 52,00 € (con IVE: 57,20 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE: 72,66 €) e prazas de día: 43,50 € (con IVE: 47,85 €). Total con IVE: 994.245,40 €.

1.5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de marzo de 2013.

b) Data de formalización: lotes 1, 2 e 3 o 15 de marzo de 2013.

c) Contratistas: Asociación Dignidad Lugo (lote 1). Aldeas Infantiles SOS Galicia (sub-lotes 2.1 e 2.2). Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (sublotes 2.3 e 2.4). Fundación Aldaba (lote 3).

d) Nº de prazas e importe unitario de adxudicación:

Lote 1 (IVE exento): 7 prazas xerais, 52,00 €. 1 praza especial, 66,05 €. Total: 156.968,25 €.

Sublote 2.1 (IVE exento): 5 prazas xerais, 52,00 €. 1 praza especial, 66,05 €. Total: 119.008,25 €.

Sublote 2.2 (IVE exento): 7 prazas xerais, 52,00 €. 1 praza especial, 66,05 €. Total: 156.968,25 €.

Sublote 2.3 (IVE exento): 7 prazas xerais, 52,00 €. 1 praza especial, 66,05 €. Total: 156.968,25 €.

Sublote 2.4 (IVE exento): 7 prazas xerais, 52,00 €. 1 praza especial, 66,05 €. Total: 156.968,25 €.

Lote 3 (IVE exento): 7 prazas xerais, 51,28 €. 1 praza especial, 63,07 €. Total: 154.040,95 €.

e) Nacionalidade: española.

d) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: as ofertas dos adxudicatarios foron seleccionadas como as más vantaxosas, mediante a aplicación dos criterios obxectivos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar