Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de servidores de sistemas críticos para a Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 17/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 17/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de servidores de sistemas críticos para a Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 3 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se van subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 991.735,00 €, máis 208.264,35 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.199.999,35 € (un millón cento noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con trinta e cinco céntimos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18713

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 18 de maio de 2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 1.2.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 19.4.2013.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia