Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, anuncia que no presente procedemento de xuízo verbal nº 234/2012, seguido por instancia de Elías Prado Casas, S.L. fronte a José Cota Costal ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:
«Sentenza nº 161/2012.
Pontevedra, 23 de novembro de 2012
Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 234/2012 por instancia de Elías Prado Casas, S.L., representada polo procurador Sr. López López e baixo a dirección legal do letrado Sr. Abeigón Vidal fronte a José Cota Costal, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.
Decido que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. López López, en nome e representación de Elías Prado Casas, S.L. contra José Cota Costal, e condeno a José Cota Costal a pagar a Elías Prado Casas, S.L. a suma de 3.650,52 euros, máis os xuros legais desa cantidade desde o 8 de marzo de 2012 ata a data desta resolución, e desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.
As costas procesuais impóñense a José Cota Costal.
Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días».
E encontrándose o devandito demandado, José Cota Costal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Pontevedra, 11 de marzo de 2013
A secretaria xudicial