María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1034/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Seoane Boto contra a empresa MC Mutual, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa de José Eugenio Campillo Veiga, sobre seguridade social, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Parte dispositiva.
Acórdase corrixir os erros mecanográficos cometidos no ordinal segundo e no fundamento xurídico segundo da Sentenza do 27.12.2012, ditada nos autos 1034/2011, e, en consecuencia, substituirase (a) desde «manifestada a súa desconformidade ...» ata «... que confirma a decisión impugnada», do feito probado segundo, por «contra a dita resolución presentouse demanda o 11.10.2011»; e (b) no fundamento xurídico segundo a data «11.4.2010», pola correcta «11.8.2010».
Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme».
E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa de José Eugenio Campillo Veiga, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 8 de abril de 2013
A secretaria xudicial