Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2013 pola que se anuncia a licitación dun acordo marco que se realizará cun só empresario mediante procedemento aberto, para contratar a subministración de enerxía eléctrica en media tensión para os tres campus da Universidade de Vigo (expediente 2/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Teléfono: 986 81 37 91.

5. Telefax: 986 81 38 57.

6. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8. Data límite de obtención de documentación e información: 8 de abril de 2013.

d) Número de expediente: 2/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica, en media tensión, para os tres campus da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: nos puntos de consumo que se sinalan no prego de prescricións técnicas.

2. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 1 ano a partir do 1.6.2013.

f) Admisión de prórroga: 1 ano.

g) C.P.V.: 0931000-5 e CPA-2008: 35.14.10.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: prezo.

4. Valor estimado do contrato: 1.893.923,1 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.893.923,1 € + 397.723,85 € de IVA que se vai soportar.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE de cada lote).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 de abril de 2013.

b) Modalidade de presentación: papel, 2 sobres A e B.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36210.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.000 euros.

Vigo, 5 de marzo de 2013

P.D. (Resolución do 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo