Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de marzo de 2013, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Víctor Luis Lema Castro de regularización, mediante concesión administrativa, da ocupación dunha parcela no porto de Laxe para a instalación dun quiosco (expediente 12-21-09-C-1).

Víctor Luis Lema Castro solicita a regularización, mediante concesión administrativa, da ocupación dunha parcela para a instalación dun quiosco no porto de Laxe, segundo a memoria valorada para instalación dunha caseta de venda de xeados, prensa etc., asinada en abril de 2000 polo arquitecto técnico Indalecio J. Arman Barcia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20.10.2011), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 12 de marzo de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia