Advertidos erros no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 74, do mércores 17 de abril de 2013, cómpre facer as oportunas correcións:
– Na páxina número 11683, no título do Decreto, onde di: «AC-556 nas Ferrerías», debe dicir: «AC-566 nas Ferrerías».
– Na páxina número 11683, no parágrafo terceiro, terceira liña, onde di: «AC-556 (Narón (AC-862)», debe dicir: «AC-566 Narón (AC-862)».
– Na páxina número 11683, no artigo 1, segunda liña, onde di: «AC-556 (Narón (AC-862)», debe dicir: «AC-566 Narón (AC-862)».