Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: LMT, CT e RBT Prexigueiró.
Situación: O Pereiro de Aguiar.
Características técnicas:
LMT subterránea de 440 m de lonxitude, a 20 kV, con condutor RHZ1 con orixe na LMT ao CT existente Granxa (32CFB5) e remate no CT fin de liña proxectado Prexigueiró, prefabricado de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Centro de seccionamento prefabricado, 3L, manobra exterior.
RBT aerosubterránea de 22 m en aéreo con condutor RZ 0,6/1 kV, e 85 m en subterráneo con condutor XZ1 0,6/1 kV.
Orzamento: 84.417,53 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Ourense, 5 de abril de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

