Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2012/113-2, 8082 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: NCG División Grupo Inmobiliario.

Domicilio social: rúa Galileo Galilei, 8, 2-A, 15008 A Coruña.

Denominación: instalación eléctrica de CT de compañía de 400 kVA, trazado de canalización de liña de media tensión soterrada e liñas de baixa tensión de alimentación a edificio de vivendas.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

– Canalización de liña soterrada con orixe nunha arqueta existente no cruzamento da rúa Castelao coa rúa Beiramar e remata na entrada do CT, cunha lonxitude de 99,5 metros.

– CT en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– RBT formadas por dous circuítos de 89 metros cada un, con orixe no CT proxectado e final nas CXP do edificio para electrificar, en condutor tipo RV-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo