Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e trámitación urxente, para a contratación do servizo de restauración, limpeza e acondicionamento dos campamentos e albergues xuvenís da provincia de Pontevedra.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2. Enderezo: r/ Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4. Teléfono: 986 81 77 25.

5. Fax: 986 81 76 83.

6. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente nº 42/2013.

Servizo de restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa. Servizo de restauración e transporte para unha ruta en kaiak.

Servizo de restauración, limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cies en Vigo, do campamento xuvenil A Illa de Ons en Bueu e do campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 17 de xuño ata o 20 de setembro de 2013, segundo os períodos relacionados no prego de prescricións técnicas.

e) Admisión de prorroga: non.

f) CPV: non. C.P.A.: 56.10.19.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento: 231.064,55 € (IVE 10 %: 23.106,45 €) total: 254.171,00 €.

5. Garantías exixidas. Provisional 2 %: 4.621,29 €. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral, segundo establece o prego de cláusulas administrativas o por correo, na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro (BOE nº 257, do 26 de outubro).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2. Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8. Código postal 36201 Vigo (Pontevedra).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 16 de abril de 2013

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo