Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, mediante este anuncio
No presente procedemento xuízo verbal 1012/2012-F seguido por instancia de Olga Castro Pérez fronte a Alexandre Casal Rivas ditouse sentenza o 21.3.2013.
E encontrándose o devandito demandado, Alexandre Casal Rivas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma, indicando que o interesado poderá dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro da devandita resolución.
Faise constar, así mesmo, que a sentenza ditada é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
A Coruña, 22 de marzo de 2013
A secretaria xudicial