Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de abril de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 60/2013, no expediente de reposición da legalidade número IU3/68/2012-S1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co procedemento ordinario número 63/2013, interposto por Maderas Villar de Condes, S.L. e Manuel Meiriño González, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU3/68/2012-S1, na cal se ordena a suspensión das obras que se executan en solo rústico, sen autorización autonómica, no lugar de Portoprado, concello de Carballeda de Avia, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Hnos. Álvarez Vidal, S.L. para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística