Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (92/2013).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por medio do presente edicto e en virtude do acordado en Resolución do 1 de abril de 2013, ditada no proceso seguido por instancia de José Ignacio Tallón Fernández contra Reguera Trans, S.L., Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L., Julio Reguera Santos e Julio Reguera Gómez, rexistrado co número 92/2013, acordouse citar a Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 12 de xullo de 2013, ás 11.45 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Armando Durán, número 1, 4º, de Lugo. Deben comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LRXS para os efectos de posteriores comunicacións.

E para que sirva de citación a Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., expídese esta cédula para a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de abril de 2013

O secretario xudicial