Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre instalación de estación de base para equipamentos de telecomunicacións.

Xfera Móviles, S.A., entidade representada por Erik Johan Andsjö, solicitou licenza municipal de actividade para a instalación de estación base para equipamentos de telecomunicacións, que se situará na rúa Cervantes, 7. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 2 de abril de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente