Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de xaneiro de 2013, da Zona Sur de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario de Cangas para a instalación dunha rede de cable (expediente 13-20-12-C1).

Julio Sánchez Agrelo solicita, en nome e representación da empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Cangas para a instalación dunha rede de cable, segundo o proxecto básico redactado en agosto de 2012 polo enxeñeiro de telecomunicacións Julio Sánchez Agrelo.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE nº 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37, 3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2013

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia