Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de abril de 2013, da Xefatura Territorial Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de revogación e decaemento dunha subvención para a realización de accións formativas prioritariamente para persoas desempregadas (TR301K 2011/000256-5).

Intentada a notificación das devanditas resolucións segundo o disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e obter unha copia destas resolucións, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 5 de abril de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: TR301K 2011/000256-5.

DNI/NIF/CIF: B36484947.

Nome ou razón social: Academia Elite, S.L.L.

Último enderezo coñecido: rúa B, 36 baixo, 36500 Lalín.

Tipo de axuda: accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas.

Contido da resolución: revogar a axuda concedida.

Data da resolución: 21.12.2012.

Nº de expediente: TR301K 2011/000256-5.

DNI/NIF/CIF: B36484947.

Nome ou razón social: Academia Elite, S.L.L.

Último enderezo coñecido: rúa B, 36 baixo, 36500 Lalín.

Tipo de axuda: accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas.

Contido da resolución: declarar o decaemento do dereito do interesado ao trámite do pagamento da subvención concedida.

Data da resolución: 21.12.2012.