Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, regulado na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril), relativo aos expedientes TR347D 2008/103-2, TR347D 2008/144-2 e TR347D 2008/184-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

De conformidad co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de abril de 2013

P.A.
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/103-2.

Nome: Distribuciones Terras do Asma, S.C.

DNI/NIF: E27329176.

Último enderezo coñecido: r/ Alférez Baanante, 46 baixo, 27500 Chantada, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2008/144-2.

Nome: Domotec Lugo, C.B.

DNI/NIF: E27348010.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Villamil, 28 baixo, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2008/184-2.

Nome: Construcciones Germán y Jonatan, S.C.

DNI/NIF: J36584159.

Último enderezo coñecido: r/ D-9, 1º porta E, 36500 Lalín, Pontevedra.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde de 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.